CRTVG

Buscar

A compañia de danza Víctor Ullate celebra os trinta anos actuando en Vigo

Publicado o 11/01/2019 21:51

Unha das compañías máis emblemáticas da danza española, a de Víctor Ullate, actúa nestes momentos en Vigo. Celebran o trinta aniversario da que foi a primeira compañía española de danza privada de nivel internacional. Nós estivemos con eles antes do comezo do espectáculo.

A historia da danza en España non se entendería sen Víctor Ullate, o bailarín e coreógrafo que creou hai trinta anos a primeira compañía privada española de nivel internacional. Data redonda que celebran cun espectáculo que percorre as coreografías mais emblemáticas da compañía.

Foi a única compañía nacional que naceu asociada a unha escola, porque Ullate é, ademais, un mestre que soubo esculpir estrelas da danza mundial. Unha escola pola que tamén pasou o vigués Óscar Comesaña, e cun estilo moi definido.

Unha homenaxe aos 30 anos ao servizo da arte de Víctor Ullate.

 


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019