CRTVG

Buscar

A Comisión propón crear un Fondo Monetario Europeo e estabilizadores fiscais

Publicado o 07/12/2017 08:48

Bruxelas propón crear un Fondo Monetario Europeo. O comisario Pierre Moscovici explicou que asumiría as funcións do actual mecanismo de rescate, pero como organismo autónomo, e non coma agora, dependente dos gobernos. Estaría dotado con 500.000 millóns de euros e tamén se encargaría da liquidación de bancos con problemas. A Comisión tamén aposta por crear un mecanismo que blinde o gasto público nos países con problemas financeiros. As propostas debateranse no cumio de xefes de goberno do vindeiro día 15.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017