A Comisión Nacional da Competencia di que é precipitado cambiar os tramos da tarifa da luz
Publicado o 11/06/2021 13:48

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia ve precipitado facer cambios nos novos tramos da tarifa da luz, sen facer antes un estudo de como está funcionando o novo modelo. Din que a decisión dos tramos non foi aleatoria, senón que é o resultado dunha rigorosa análise.
Reponden así despois de que varios ministros de Podemos pediran modificacións. Co modelo actual, a franxa máis barata comeza ás doce da noite e Podemos pedía adiantala ás dez.