CRTVG

Buscar

A Comisión Europea quere acabar co cambio de hora en 2019

Publicado o 12/09/2018 21:12

Bruxelas quere que o último cambio de hora sexa en marzo ou outubro do vindeiro ano. O presidente da Comisión Europea pide que os estados elixan ter horario de verán ou de inverno pero sen cambios, de xeito permanente. 

O máximo responsable do Executivo europeo pediu ante o Parlamento que, como tarde, en sete meses, cada estado decida qué horario quere ter definitivamente. Sen máis cambios. A proposta ten que ser validada precisamente polos socios europeos. Jean Claude Juncker falou tamén ante a Eurocámara da necesidade de reforzar as fronteiras exteriores da Unión para porlle freo á inmigración irregular.

Propón Juncker pasar de 1.300 gardas a 10.000 axentes controlando as costas comunitarias. No Parlamento hoxe tamén se acordou comezar as negociacións cos estados membros para mellorar a protección dos autores dixitais. A intención é que os grandes xigantes da Internet sexan responsables de todo o contido que publican, que coiden os dereitos de autor, os respecten e remuneren, se é preciso, aos autores.

Noticias web

12/09/2018