CRTVG

Buscar

A Comisión Europea propón un salario mínimo común no 60% do soldo medio nacional

Publicado o 14/01/2020 20:45
A Comisión Europea propón un salario mínimo común no 60% do soldo medio nacional

A Comisión Europea dá o primeiro paso para establecer un salario mínimo en todos os países da Unión. Foi unha das promesas da nova presidenta, a conservadora alemá Ursula Von der Leyen, na súa investidura.

Non se trata de impoñer a mesma cantidade en todos os países, senón de fixar unha serie de criterios para que o salario mínimo establecido garanta un nivel de vida digno. A proposta da comisión é que o soldo mínimo sexa o equivalente ao 60 por cento do salario medio de cada estado membro. España é o país onde o salario mínimo é máis baixo.

Noticias web

14/01/2020