CRTVG

Buscar

A Comisión Europea propón que os fillos de vacinados non fagan corentenas nas viaxes

Publicado o 01/06/2021 15:04

A Comisión Europea propón que os fillos das persoas vacinadas non teñan que facer corentenas nas viaxes para garantir a unidade familiar. Non tería sentido que os pais non tivesen que facer a corentena por estaren vacinados e os fillos si. E outra proposta importante é que os menores de seis anos tamén estarán exentos de ter que facer probas relacionadas coas viaxes. 

A Comisión Europea fai estas suxestións con idea de coordinar as restricións á mobilidade dentro da Unión Europea, pero lembra que cada país ten competencia para decidir sobre estas cuestións. E poden ir máis rápido no levantamento das restricións se o consideran oportuno.

Noticias web

01/06/2021