CRTVG

Buscar

A Comisión Europea propón aumentar as posibilidades de pesca de 27 especies

Publicado o 07/11/2018 21:53

A Comisión Europea propón aumentar as posibilidades de pesca de 27 especies do Mar do Norte e Atlántico para o vindeiro ano. O Executivo comunitario móstrase disposto a subir as capturas permitidas, entre outros, da pescada que se colle no Gran Sol.

En mes e medio, os estados membros debaterán e acordarán coa Comisión Europea a repartición de capturas que poderá pescar cada país membro o vindeiro ano no Mar do Norte e no Atlántico. O Executivo comunitario acaba de presentar a que é a súa proposta, a base para as negociacións. Desde Bruxelas propoñen subir as posibilidades de captura para 27 especies, reducir 22 e deixar como están outras 35.

A pescada do Norte, a que se colle nos caladoiros franceses, no golfo de Biscaia e no Gran Sol aumentaría as posibilidades pesqueiras nun 23% o vindeiro ano. A cambio, o Executivo comunitario propón baixar de novo, un 14% esta vez, as capturas permitidas para a pescada do sur, que é a que se pesca no Cantábrico, Galicia e golfo de Cádiz.





 

Noticias web

07/11/2018