CRTVG

Buscar

A Comisión Europea investiga a España por denegar a pensión a algunhas viúvas

Publicado o 09/09/2019 16:41

Son as viúvas de parellas de feito, rexistradas oficialmente, ás que se lles nega a pensión cando os seus ingresos son superiores aos da súa parella no ano do falecemento. A lei española di que debería haber dependencia económica para percibir a pensión.

Foi unha muller andaluza a que levou esta petición ao Parlamento Europeo por considerar que é discriminatoria e que atenta contra a familia unida como parella de feito. Agora, a Comisión Europea realizará unha investigación preliminar para comprobar se esta lei española contravén a normativa europea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019