CRTVG

Buscar

A Comisión Europea investiga a Amazon

Publicado o 17/07/2019 14:40

A Comisión Europea ábrelle unha investigación formal á multinacional estadounidense Amazon.
As autoridades comunitarias sospeitan que a empresa de Seatle vulnerou as regras europeas de competencia. En concreto, estudarán se a firma recompilou e e utilizou, de xeito irregular, información confidencial de vendedores a pequena escala que usan a plataforma de xeito independente.

Bruxelas xa informou do procedemento á compañía, que está disposta a colaborar, e ás autoridades estadounidenses competentes.

Noticias web

17/07/2019