CRTVG

Buscar

A Comisión Europea garante que os Reis Magos poderán entregar os agasallos

Publicado o 27/11/2020 21:42

Queridos Reis Magos .... Este ano escribo sen saber se o coronavirus vos deixará chegar a todos os fogares do mundo. Se se van poder volver repetir estas imaxes. 

A incerteza do Nadal preocupa especialmente os máis pequenos. E é que, se temos en conta que, pola súa idade, tanto Papá Noel como os Reis Magos son grupos de risco e que teñen que atravesar fronteiras, a preocupación é máis que lóxica. 

Se cadra por iso a Comisión Europea xa se pronunciou.

' Acordamos cos líderes relixiosos que poderemos ofrecer esta garantía. Tanto San Nicolás, como Papá Noel, Babbo Natale ou os Reis Magos ... poderán entregar os seus agasallos' , declarou en conferencia de prensa o vicepresidente da Comisión Europea .

Así as cousas, os nenos están de parabéns. Libre circulación para Papá Noel e as súas maxestades de Oriente que, como vén sendo habitual, tanto usan o coche,  como o barco ou o avión; aínda que o máis común é que non se despeguen dos seus camelos. 

O que a día de hoxe non está tan claro é se haberá cabalgata ou non. Dependerá de cada concello e, previsiblemente, da situación que alí deixe a pandemia. En Cúllar Vega, Granada, xa anunciaron que non haberá cabalgata, pero que os Reis Magos visitarán porta por porta cada unha das casas dos máis pequenos. Sexa cal sexa a fórmula, o permiso especial das súas maxestades de Oriente vai permitir levarlles a todos os nenos os seus agasallos.  



 

Noticias web

27/11/2020