CRTVG

Buscar

A Comisión Europea estudará o baleirado de encoros en España

Publicado o 24/08/2021 16:05
A Comisión Europea estudará o baleirado de encoros en España

A Comisión Europea vai estudar o baleirado de encoros en España. En concreto, o sucedido co de Ricobayo, en Zamora. En catro meses Iberdrola deixouno no 11 % da súa capacidade. Os alcaldes da zona que denunciaron a situación recibiron unha carta do vicepresidente da Comisión Europea en que lles explica que estudará o caso.

O Goberno de España abriu varios expedientes para estudar o sucedido con este encoro, pero tamén con outros situados en Galicia, na conca do Miño-Sil, e fóra da comunidade, no Texo.

Noticias web

24/08/2021