CRTVG

Buscar

A Comisión Europea advirte os países membros dos riscos de relaxar as medidas en Nadal

Publicado o 26/11/2020 15:29

Os países europeos preparan os seus protocolos para o Nadal. A Comisión Europea amósase cautelosa e advirte os estados membros dos riscos dunha relaxación das medidas, que podería provocar unha terceira onda.

Alemaña mantén as súas resticións ata xaneiro, o confinamento parcial até o 20 de decembro e limita as reunións familiares a 10, sen contar os menores de 14 anos. A chanceler alemá Angela Merkel pide ademais pechar as estacións de esquí de toda Europa ante o risco de propagación do virus, unha proposta que os italianos aproban polo medo á importación de casos e que desbotan en Austria polo impacto económico negativo.

Francia, porén, si aplicará ese peche e non limitará as xuntanzas familiares. En Italia recomendan que estas sexan cos familiares máis estreitos: pais, parella e fillos.

Noticias web

26/11/2020