CRTVG

Buscar

Bruxelas acorda a apertura do turismo e condena a lei homófoba de Hungría

Publicado o 24/06/2021 21:48

En Bruxelas os líderes europeos manteñen una tensa cea de traballo na primeira xornada do Consello Europeo que se vai estender ata mañá. As discusións versan sobre como atallar a variante Delta do virus, que xa é hexemónica no Reino Unido. 

Dentro da reunión deuse a benvida ao bo progreso das vacinacións, a mellora xeral da situación epidemiolóxica e que entre os líderes europeos xa hai un acordo para permitir a liberdade total de movementos en canto o permita a situación epidemiolóxica. Tamén falaron de abrir canto antes as fronteiras da UE.

Semella, polo tanto, que o sectores turísticos de España e Portugal saen vivos deste cumio, que non triunfan as teses de Alemaña para impor corentenas aos viaxeiros británicos. Pero a atmosfera nesa cea de traballo está moi cargada debido a un enfrontamento importante contra Hungría polas súas leis homófobas.

A Comisión Europea ameaza con impoñer sancións e os Países Baixos din que, deste xeito, Hungría non ten sitio dentro da Unión Europea. Pola súa banda, España e Luxemburgo lideran unha carta de 16 países na que esixen frear xa os ataques contra o colectivo LGTBIQ.

Noticias web

24/06/2021