A comida para levar, unha opción en auxe
Publicado o 16/04/2021 19:47
Na cociña deste local de comidas para levar ao traballo comeza cedo. Son moitos os menús que ofertan tantos como os clientes que cada día entran pola porta.
Veñen aquí e atopan de todo. Non só comida, tamén unha solución de calidade adaptada ás súas necesidades
A piques de abrir un local máis grande e con maior oferta comprobamos que o éxito do negocio non responde tanto á pandemias como a que se trata dunha tendencia á alza
Tamén en alza os pratos de elaboración rápida con, cada vez, máis espazo nos supermercados.Confírmao un estudo da Asociación de Fabricantes e Consumidores: desde o inicio da pandemia a venda de comida precociñada pasou do 9,1% en abril de 2020 ao 18,2% no pasado mes de febreiro.