CRTVG

Buscar

A comarca de Verín oponse ao peche da sala de partos

Publicado o 26/11/2019 21:35

A supresión da sala de partos no hospital comarcal de Verín vai estar no debate parlamentario da próxima semana. Así se decidiu na xunta de voceiros desta mañá. Haberá varias iniciativas sobre este tema. Con todo, non se producirá unha comparecencia máis extensa do conselleiro, tal e como pediron todos os grupos da oposición. Os populares cren que cando remate o estudo das necesidades dunha sala de partos en Verín, o conselleiro de Sanidade dará explicacións polo miúdo.

A comarca de Verín oponse ao peche da sala de partos. Alcaldes de diferente cor política piden que se manteña este servizo no hospital da zona. Consideran que a decisión responden unicamente a criterios económicos ou politicos. Un dos concellos máis afectado, polo seu afastamento, o da Mezquita.

Dende a Administración alegan razóns técnicas. O ano pasado só houbo 89 nacementos. Segundo os profesionais sanitarios, o número de partos desaconsellan manter o servizo polo risco tanto para a nai como para o bebé.

Destacan que a distancia, na maior parte dos casos, é semellante á doutras zonas da provincia que son atentidas en Ourense.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/11/2019