CRTVG

Buscar

A comarca da Coruña extrema as medidas de seguridade para frear a evolución do coronavirus

Publicado o 09/08/2020 14:41

Na praia de San Pedro o espazo de cada bañista está enmarcado en cor vermella. É o sistema que escolleu o concello de Sada para asegurar a distancia social no areais máis concorridos do municipio. Inicialmente foi unha medida de carácter voluntario. Desde onte, delimitar coas bandeiras o espazo individual é obrigatorio. Os bañistas coinciden: gañan en tranquilidade.

Sada é un dos concellos da comarca coruñesa afectados polas novas restricións impostas para tratar de frear a evolución do coronavirus na área sanitaria. A próxima semana sería a grande das súas festas, pero este verán a inmensa maioría das actividades tiveron que suspenderse. En suspenso segue o ocio nocturno, clausurado polo menos ata o próximo mércores. Desde o sábado tamén está pechado este negocio, con licenza de café bar-especial, coma os pubs. En Sada hai dez locais na mesma situación. O concello pediralle á Xunta que lles permita traballar como cafeterías.

Noticias web

09/08/2020