CRTVG

Buscar

A colleita de grelos está a ser excelente en abundancia e calidade

Publicado o 07/03/2017 13:55

Así falan os produtores da campaña do produto estrela do inverno

Excelente e en abundancia, así definen os produtores a colleita de grelos deste ano. Din que viñeron moi bos grazas ás condicións atmosféricas xa que houbo poucos días de xeadas e non estragaron a colleita.

Ademais da calidade resaltan a cantidade. Nos mercados, como no de Lugo, aínda hai grelos en abundancia.

Malia que de momento hai moito onde escoller este mes as mandas de grelos irán paseniño diminuíndo. Hai quen aproveita para mercalos agora e conxelalos, podendo así consumilos todo o ano, mentres que outros prefiren o consumo en fresco.

Así que xa saben, se queren grelos aproveiten este mes porque a finais de marzo os produtores contan botar o peche da campaña deste inverno.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/03/2017