CRTVG

Buscar

A Colexiata de Vigo reformará o presbiterio como paso previo a ser declarada basílica

Publicado o 22/03/2019 17:39

Co gallo de ser declarada basílica, prepáranse melloras na colexiata de Vigo. Entre os principais traballos que se van acometer están as reformas no presbiterio. As obras, que xa contan coa autorización de Patrimonio, son fundamentais para facer a petición dese título honorífico, de xeito formal ante a Santa Sé, unha solicitude para a que a documentación xa está lista. A declaración de basílica é unha iniciativa conxunta, da confraría do Cristo da Vitoria e do propio párroco da concatedral de Santa María de Vigo.

Moisés Alonso, párroco da concatedral de Santa María de Vigo: "Para ser basílica, precísase que teña un santo de devoción, arraigado, que teña moita influencia, que a xente do lugar viva a experiencia e que dalgún xeito sexa notoria na cidade. Como nesta diocese non hai ningunha basílica, esperamos que esta será a primeira basílica que haberá neste bispado".

 

Noticias web

22/03/2019