CRTVG

Buscar

A Revista FDS

A colectividade Galega de Bos Aires escolleu esta madrugada a nova raíña da beleza do Centro Galicia

Publicado o 27/09/2015 13:52

A gañadora foi unha moza de 22 anos, Lucía Bertuzzi García, neta de ourensáns, máis concretamente de Ribadavia

A colectividade Galega de Bos Aires escolleu esta madrugada a nova raíña da beleza do Centro Galicia. A gañadora foi unha moza de 22 anos, Lucía Bertuzzi García, neta de ourensáns, máis concretamente de Ribadavia. Entre vestidos, peiteados e moito nerviosismo arranxábanse as 23 candidatas a este certame de beleza que organiza a colectividade galega de Bos Aires. Todas elas de entre 17 e 25 anos. 

Temos los nervios creo que propios, previos a desfilar, pero estámolo gozando", (Victoria Povor - Aspirante a Raíña Centro Galicia)

E si, un pouquiño de nervios teño, pero con ganas de saír, (Milena Herrera - Aspirante a Raíña Centro Galicia)

As aspirantes a máximas representantes da beleza galega na Arxentina tiveron tres oportunidades para conquistar o xurado: desfilando con roupa informal, roupa de festa e traxe tradicional galego. Pero finalmente, só unha pode ser a elixida, e nesta edición a coroa foi para Mariana Lucía Bertuzzi Garcia, de ascendencia ourensá. 

Poder representar tanto a institución como un lugar que nós tanto queremos, que é Galicia, que é a terra de nosos avós e que dalgunha maneira  gozamos bailando e tocando os nosos instrumentos tradicionais, (Lucía Bertuzzi Garcia - Raiña Centro Galicia 2015)

Xunto a ela, Agustina Gutiérrez e Candela Villar, foron nomeadas 1º e 2º princesas no concurso. Ademais dos agasallos, Lucía será a encargada de representar como Raiña do Centro Galicia de Bos Aires á institución no certame que escollerá en outubro á raiña das colectividades españolas na Arxentina.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista FDS

27/09/2015