CRTVG

Buscar

A Cociña Económica da Coruña ofrece tarxetas solidarias para agasallar os convidados de primeiras comuñóns

Publicado o 10/06/2019 14:20

Últimos retoques e comezan a repartir a comida entre as máis de 1.300 persoas que esperan hoxe, algo que se repite todos os días do ano. Con máis de 130 anos de historia, a Cociña Económica da Coruña viu medrar a demanda dos seus servizos nos últimos anos e, polo tanto, os custos. A última iniciativa para poder colaborar economicamente coa súa causa trátase de tarxetas de primeira comuñón solidarias para repartir entre os invitados á cerimonia, substituíndo ou complementando o clásico regalo.

A cambio das tarxetas, deseñadas de maneira desinteresada por dúas deseñadoras gráficas, os interesados deberán doar 150 euros dedicados á entidade, non só para as comidas, senón tamén para as duchas e os almorzos que ofrecen. Esta mesma iniciativa aplicárona o ano pasado ás vodas, e este ano xa foron dúas as que contaron coas tarxetas. Para colaborar, terán que seguir estes pasos.

Tamén poden acceder á información a través da súa páxina web.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/06/2019