Marea Galeguista confirma a Pancho Casal como cabeza de lista
Publicado o 08/06/2020 15:01
A coalición Marea Galeguista acaba de confirmar os seus cabeza de lista polas 4 provincias galegas para as eleccións do 12 de xullo.
Tamén confirmou que o seu candidato á presidencia da Xunta será Pancho Casal.
"Non daremos un paso atrás na igualdade entre mulleres e homes, na defensa dos servizos sociais, na defensa do emprego digno nin na defensa do medio ambiente", asegurou o candidato á presidencia.