CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A coalición de Macri imponse nas primarias lexislativas, pero empata con Fernández de Kirchner no distrito de Bos Aires

Publicado o 14/08/2017 21:33




Miramos agora cara A Arxentina, onde o Goberno celebrou os resultados das eleccións primarias lexislativas deste domingo, que lle deron a victoria en boa parte do país. Macri espera que se confirme a tendencia nos comicios de outubro.

Mauricio Macri consolídase no Goberno logo de superar con éxito a cita coas urnas nas primarias lexislativas deste domingo.
Gaña a nivel nacional nos principais distritos electorais do pais. Se a tendencia se mantén en outubro contará con tempo para poñer en práctica as súas políticas e enviará a mensaxe de estabilidade que precisaban os investidores internacionais para apostar pola Arxentina.

O Goberno queda nunha posición inmellorable na pelexa polas bancadas do Congreso, e a reacción dos mercados non se fixo agardar. Subiu a bolsa e baixou o dólar despois do aumento no número de votantes dende a última elección.

Na provincia de Bos Aires, nai de tódalas batallas por ser o principal distrito electoral do país cun 37 % do padrón, o escrutinio rematou cun empate técnico entre o candidato oficialista e a ex-presidenta e candidata a senadora nacional, Cristina Fernández de Kirchner.

"Cristina Kirchner obtivo o peor resultado, o seu peor resultado persoal, e o peor resultado do peronismo na historia da provincia de Bos Aires", Patricio Giusto - Analista Político

Á exmandataria faltáronlle apoios na súa volta a primeira liña política logo dun ano marcado polas causas por corrupción que a sinalan ante a Xustiza.
Saiu a falar preto das catro da madrugada, nove da mañá en Galicia, e proclamouse gañadora a pesares de estar décimas por debaixo no escrutinio.

De cara ás lexislat ivas de outubro os analistas sinalan un panorama similar ao desta elección. E se isto ocorre o macrismo poderá gobernar con maior comodidade os próximos dous anos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

14/08/2017