CRTVG

Buscar

A CNN réndese ao gol de Bicho

Publicado o 26/03/2017 15:11

Seguindo coa segunda B, un xogador do Rácing de Ferrol está de noraboa. Falamos de Bicho e o seu famoso gol ante o Palencia. A cadea norteamericana CNN fai unha enquisa semanal para elexir o mellor gol a nivel internacional.

Os afeccionados tiñan que escoller entre catro opcións. E o futbolista cedido polo Deportivo impúxose claramente aos seus competidores, neste caso da Bundesliga, a liga sueca e a estadounidense. O gol de Bicho deu a volta ao mundo. E con razón. Lembramos como foi. Un remate do escorpión complicadísimo e que soñaron con facer grandes xogadores. Conseguiuno Bicho. Desde A Malata para o mundo. Todo un golazo con repercusión internacional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2017