A CNMC propón unha rebaixa dentro dos custos fixos que podería abaratar o recibo da luz no 2020
Publicado o 26/07/2019 12:59
A luz podería abaratarse o vindeiro ano. A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia propón unha rebaixa nas peaxes ao transporte e a distribución da electricidade.
A consecuencia directa sería unha rebaixa na factura da luz. Estes conceptos, peaxes de transporte e distribución, están dentro da parte regulada do recibo da luz e supoñen arredor do 13% da factura final da electricidade.
Agora a CNMC propón unha rebaixa nestes custos fixos do 6,8% para o consumidor e do 13,4% para a industria.