CRTVG

Buscar

A clientela canina dun local de Vigo protagoniza unha exposición solidaria

Publicado o 06/12/2017 21:51

Falámoslles agora dunha mostra solidaria que se acaba de inaugurar nunha cafetería de Vigo. Os seus autores son fotógrafos profesionais que queren recadar fondos para axudar dúas protectoras de animais da cidade. A clientela canina do local protagoniza esta exposición que permanecerá aberta ata o 23 de decembro.

Veva é unha das clientas caninas da cafetería La Boheme, situada no centro de Vigo. A súa historia foi a que inspirou esta mostra solidaria.

O resto de protagonistas tamén forman parte da clientela habitual. Agora, os seus retratos penduran das paredes do local co obxectivo de recadar fondos para a asociación 'Gatiños da Rúa' e o 'Proxecto Celtacans'. Fotógrafo veterano no mundo da prensa, Jorge Landín animou outros profesionais que doaron imaxes para colaborar coa causa.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 23 de decembro. Os seus promotores agardan vender todas as fotografías para tentar mellorar o futuro doutros animais abandonados que, coma Veva, cambiou o seu destino grazas a unha das clientas de La Boheme.>

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2017