CRTVG

Buscar

A cinza dificulta a vida na Palma e para retirala hai que levar luvas, máscaras e lentes

Publicado o 27/09/2021 08:30

Unha das consecuencias máis visibles da erupción, amais dos danos causados pola lava e os gases lanzados á atmosfera, é a cinza que bota o volcán e que os ventos dispersan por boa parte da illa da Palma, que dificulta en moitos lugares a vida da xente e a circulación dos equipos de emerxencia.

Empregados da limpeza e empresas contratadas pola Administración traballan intensamente para sacar a cinza, unha e outra vez.

A pesar dos gases e das cinzas, a Administración di que a calidade do aire nas zonas habitadas da Palma é boa, aínda que recomenda aos particulares que limpen cinzas levaren luvas, máscaras e lentes para evitar dese xeito posibles problemas respiratorios.

Noticias web

27/09/2021