CRTVG

Buscar

A CIG recorre no xulgado o peche do paritorio de Verín e pide a suspensión da orde

Publicado o 05/12/2019 15:19

Colea a polémica polo peche do paritorio de Verín.   A CIG presentou un recurso contencioso administrativo contra a orde de peche dos servizos de paritorio e solicitou a adopción dunha medida cautelar de suspensión deste mandamento.   Así o informou esta organización sindical nun comunicado, no que explica que o pasado día 4 presentou o recurso no Xulgado do Contencioso Administrativo de Ourense contra a "interpretación parcial" da xerencia da área sanitaria de "unhas recomendacións (non normativas) que aconsellan a non apertura de novas maternidades en zonas con posibilidades inferiores a 600 nacementos ano".  

Os socialistas ourensáns instan a que a Deputación se faga cargo dos gastos do servizo. O BNG e En Marea din que seguirán loitando para que se manteña a sala de partos.

O presidente da Xunta insiste en que non se podía tomar outra decisión máis que a de seguir os criterios médicos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2019