CRTVG

Buscar

A CIG presenta o seu plan alternativo para a reconstrución económica

Publicado o 20/10/2020 14:59

A CIG presentou un plan de medidas para a recuperación económica de Galicia. O sindicato nacionalista desmarcárase da mesa de diálogo social que hai un mes acordaron a Xunta, patronal, Comisións Obreiras e UXT. A proposta da CIG aposta por afianzar a intervención pública nos sectores estratéxicos.

"Son propostas transversais, sectoriais e sociolaborais. Faremos unha campaña de mobilización para afrontar propostas claras para unha saída galega xusta", di Paulo Carril, secretario xeral da CIG.

 

Noticias web

20/10/2020