CRTVG

Buscar

A CIG destaca o incremento das desigualdades no mercado laboral

Publicado o 28/02/2020 16:13
A CIG destaca o incremento das desigualdades no mercado laboral

A CIG analiza nun informe o mercado laboral en Galicia en 2019 e destaca que na última década medraron as desigualdades. Di que hai menos ocupados que hai dez anos, sobre todo nos tramos de ingresos superiores.

Segundo os datos da CIG, o emprego masculino medrou o dobre que o feminino. Onde se perderon máis postos de traballo foi no comercio e na Administración pública.

Noticias web

28/02/2020