CRTVG

Buscar

A CIG anuncia atrancos para a construción das fragatas en Navantia Ferrol

Publicado o 01/04/2019 15:36

A CIG denuncia os atrancos no contrato das cinco fragatas do tipo F-110 que se van construír en Navantia para a Armada española. Di que o atraso está a prexudiar as empresas auxiliares e cuestiona o comezo inmediaro dos traballos, malia a autorización no Consello de Ministros do venres pasado. 

Xoán Xosé Bouzas, secretario nacional da Federación de Industra da CIG: "Estaba xa na carteira do PP cando Mariano Rajoy era presidente. E isto estívose dilatando no tempo, non sabemos moi ben por que. Agora si que se vai asinar o convenio co Ministerio de Defensa. Pero desde que se asina o convenio ata que, como dicimos nos estaleiros, se empeza a cortar a chapa, van pasar moitos meses".

Noticias web

01/04/2019