CRTVG

Buscar

A cifra do paro en Portugal sitúase por debaixo da media europea, cun 8,5%

Publicado o 10/11/2017 21:46

As cifras do paro en Portugal colócanse por debaixo da media europea. Cun 8,5 por cento de desemprego deixa atrás os datos da crise económica cunha curva descendente que comezou no 2013. Alberto Mancebo.

Son datos que non se vían dende hai 12 anos. No primeiro trimestre de 2013 comezaron a baixar as cifras do paro en Portugal e ata hoxe. Pasaron dun máximo de 17.5 por cento, ao 8.5 destes días. Dende Bruxelas felicítanos porque están por debaixo do 9% da Unión Europea pero tamén alertan do paro xuvenil que é dun 23%.

Os recortes que tivo que aplicar Passos Coelho presionado pola troika leváronos ao máximo histórico e agora os expertos pensan que quen os salva é o turismo. O emprego no sector servizos disparouse nos dous últimos anos. Os estranxeiros prefiren vir a Portugal ou España antes que ao norte de europa. Parece que está no turismo o segredo do que chaman milagre portugués.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2017