CRTVG

Buscar

A cifra de negocio da industria medrou un 2 % en Galicia

Publicado o 23/12/2020 10:27

A recuperación económica a niveis anteriores á crise, plena, non chegará ata 2023, segundo o último informe do Instituto de estudios Económicos. Segundo este informe, España pechará 2020 cun descenso do PIB do -11,3% e no 2021 creceremos ata un 6%.

E segundo os datos avanzados do INE, o PIB do cuarto trimestre podería situarse preto do estacamento, sería un bo sinal do crecemento económico e das perspectivas para a nosa industria.

Francisco Conde, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, destacou que Galicia ten un comportamento mellor que a media nacional en termos de PIB, exportacións e de taxa de paro. Isto é debido a que a economia galega tiña unha traxectoria de crecemento moi solvente. 

Galicia ten a previsión de pechar o ano crecendo nas exportacións e a taxa de paro é 4 puntos máis baixa que a media española.

O vicepresidente segundo da Xunta manifestou que a segunda onda do coronavirus afectou dende o punto de vista do comercio e o turismo e que pode haber un impacto no consumo.

Subliñou que Galicia pecha o ano nunha mellor situación que o resto de España e afronta dun xeito superior a recuperación económica nos dous primeiros trimestres do próximo ano. Francisco Conde cre que a vacina pode ser un piar na recuperación económica.  

Francisco Conde agarda que haxa unha solución con Alcoa e que se chegue a unha solución consensuada. Hai unha vontade por parte do Goberno galego e do central de dar esa continuidade e manter os empregos. Destacou que o Estatuto de Electrointensivas non axuda e cre que son necesarias novas medidas.

A principal aposta da Xunta de Galicia cos presupostos de 2021 é a reactivación económica e a súa recuperación futura. O goberno dispón dun orzamento un 14 % superior ao do ano pasado para garantir a situación sanitaria, as necesidades dos colectivos máis vulnerables e a reactivación que ten que pasar por seguir apoiando o noso tecido productivo, apoiando ao turismo, ao comerico e ás pequenas e medianas empresas.

O Goberno galego pide unha fronte común para que Galicia teña éxito na captación de fondos Next Generation e destacou que as comunidades autónomas non saben os criterios que se van aplicar para acudir a eses fondos e defender os proxectos que están a elaborar.

 

 

Noticias web

23/12/2020