CRTVG

Buscar

A cifra de negocio da industria galega aumentou en setembro un 6,3%

Publicado o 21/11/2019 14:58
A cifra de negocio da industria galega aumentou en setembro un 6,3%

Datos positivos para a industria galega. A cifra de negocio da industria na nosa comunidade aumentou en setembro un 6,3% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. É unha taxa máis de cinco puntos por riba da media española.

Segundo os datos do INE, a entrada de pedidos no sector industrial ascendeu un 5,5% neste mesmo período. As cifras do sector volven ser positivas despois de dous meses de baixada.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/11/2019