CRTVG

Buscar

A cifra de falecidos polo coronavirus elévase a 259, todos na China

Publicado o 01/02/2020 15:09

A cifra oficial de falecidos na China polo coronavirus elévase hoxe a 259 persoas, corenta e seis máis ca onte. Sobe tamén o número de infectados, que se concentran na provincia de Hubei, a 11.791 persoas.
Fóra das fronteiras chinesas non se rexistrou polo momento ningunha vítima mortal e o número de infectados aproxímase aos 150. Despois de que a Organización Mundial da Saúde declarara o brote como emerxencia internacional agárdase que se endurezan as medidas para conter a propagación do virus, que de momento ten unha taxa de mortalidade do 2%.
Un estudo publicado pola revista médica The Lancet di que o número de persoas infectadas podería ser moito maior, dado que o virus tarda en manifestarse e en confirmarse o resultado das probas. Cifra os casos posibles en Wuhan en 75.000.
 

Noticias web

01/02/2020