CRTVG

Buscar

A ciencia forense avanza na identificación de delincuentes

Publicado o 09/07/2019 22:28

Galicia ocupa un lugar destacado no uso do ADN para resolver procesos xudiciais. Dos avances científicos aplicados á identificación de delincuentes falouse esta tarde na Escola de Verán do Poder Xudicial que se celebra no pazo de Mariñán.

O laboratorio de ADN da Policía Científica, con sede na Coruña, resolve máis de 300 delitos cada ano. Galicia ocupa un lugar destacado na aplicación do ADN para resolver procesos xudiciais. Isto débese en boa parte ao labor do equipo de investigación que dirixe o catedrático Ángel Carracedo, quen coordina o Grupo de medicina xenómica da Universidade de Santiago. Entre as súas aportacións está a de, a partir dunha mostra de cuspe ou seme, coñecer a orixe xeográfica dun individuo, técnica que se empregou entre outros no caso do 11M.

O ADN pode converterse nunha testemuña eficaz e precisa, pero non é infalible. Calcular a súa probabilidade de erro é un desafío mesmo para os científicos que o investigan e así llelo trasladou Carracedo a xuíces e fiscais de toda España que estes días se dan cita na Escola de verán do poder xudicial.
 

Noticias web

09/07/2019