CRTVG

Buscar

A cidade de Vigo prepárase para a feira Conxemar

Publicado o 29/09/2017 21:38

O vindeiro luns Vigo convértese en capital mundial da pesca, arranca cun congreso internacional sobre o cambio climático e xa o martes principia Conxemar, a gran feira do conxelado. Chega este ano á súa XIX edición con máis de 600 expositores chegados de 43 países. Só o ano pasado máis de 30.000 visitantes pasaron polo IFEVI nos tres días de feira.

Vigo prepárase xa para acoller un dos acontecementos comerciais máis importantes na cidade. O vindeiro martes comeza Conxemar, que acada a súa XIX edición. Este ano acoden á cita máis de 600 expositores chegados de 43 países de todo o mundo. Son un 3,4% máis que o ano pasado. A feira ten intención de seguir medrando para manterse ao nivel de Bruxelas ou Boston. A feira supón tamén un importante pulo para a hostalería de Vigo.

Un día antes, o luns, autoridades pesqueiras de 20 países, entre eles 9 ministros de Pesca, analizan en Vigo as consecuencias do cambio climático nos océanos, como o incremento da temperatura ou a salinidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/09/2017