A cidade de Ourense sofre anegamentos por unha forte sarabiada

Pedrazo coma avelás caeu esta tarde na cidade de Ourense. Durante preto de media hora sarabiou con intensidade. Logo chegou a choiva, 26 litros por metro cadrado, que anegou en Ourense rúas e estradas, como a Nacional 525, onde os bombeiros tiveron que actuar para desaugar. Tamén algunha vivenda sufriu inundacións.
As treboadas desta tarde deixaron fortes refachos de vento en Ourense e máis dun milleiro de raios, sospeitan que un deles foi o que provocou un incendio nun inmoble de Carballeda de Valdeorras, é unha antiga casa reitoral que levaba anos deshabitada.
Os veciños aseguran que viron coma o raio provocou as lapas, os bombeiros evitaron que o lume se espallase ás vivendas. Para mañá agárdanse máis treboadas, toda a provincia de Ourense, o interior de Pontevedra e a montaña e o sur de Lugo están en aviso amarelo por treboadas localmente fortes.