CRTVG

Buscar

A cidade de Ourense rexistra o maior número de contaxios da pandemia con 1.074 positivos

Publicado o 18/07/2021 21:07

Menos movemento de xente nas rúas e tamén nos locais de hostalería que só poden atender nas terrazas ao 50 por cento. É a imaxe que nos deixa a cidade de Ourense tras o incremento das restricións esta fin de semana.

O  número de contaxios non deixa de medrar. 91 casos novos nas últimas horas sitúan a cidade nos 1074 positivos, a cifra máis alta dende que comezou a pandemia. Habería que remontarse a principios de febreiro para atopar un número de contaxiados que se lle aproxime.

En toda área sanitaria o número de contaxiados multiplicouse por dez dende que comezou xullo, achegándose aos dous mil casos activos. Ademáis da cidade tamén se atopan en nivel alto o Barco de Valdeorras con 161 positivos e a de Barbadás cun cento de contaxiados.

Preocupa o incremento de hospitalizados. Neste intre hai 28 ingresados no CHUO, 4 deles na UCI, a maioría xente nova sen patoloxías previas.

Noticias web

18/07/2021