CRTVG

Buscar

A cidade de Ourense estivo este xoves entre as tres de España cun maior índice de contaminación no aire

Publicado o 10/01/2020 14:38

Chama a atención nun mapa que informa da calidade do aire que Ourense se situara onte xunto con Madrid e Valencia en alerta polos niveis de contaminación, preocupantes para a saúde.

Tamén os datos recollidos por Meteogalicia confirman que onte a calidade do aire en Ourense era mala pola cantidade de partículas en suspensión, superando case o valor límite.

Os expertos aseguran que se trata dun feito puntual, polo que non hai que alarmarse.

Insisten en que, quitando estas situacións excepcionais, a calidade do aire en Ourense e, en xeral, no resto de Galicia é boa.

Noticias web

10/01/2020