CRTVG

Buscar

A cidade de Bos Aires decreta o uso obrigatorio de máscaras no transporte público

Publicado o 16/04/2020 16:12

Na Arxentina, a cidade de Bos Aires decretou o uso obrigatorio de máscaras no transporte público e nos comercios para mitigar a propagación do virus.

Despois da prórroga do illamento obrigatorio, o Goberno de Bos Aires decretou a necesidade de levar boca e nariz tapados, tanto no transporte público coma nos locais pechados.

A norma tamén prevé que os comercios que incumpran coa medida poderán ser clausurados ou mesmo inhabilitados.

Uns comercios onde tampouco se poderán vender máscaras profesionais.

Bos Aires é un dos puntos máis afectados polo coronavirus na Arxentina, con máis de 600 contaxios.

 

Noticias web

16/04/2020