A Cidade da Cultura ultima 'Galicia futura', a terceira grande exposición do Xacobeo
Publicado o 12/07/2021 13:03

A Cidade da Cultura ultima os preparativos da inauguración de Galicia futura, a terceira grande exposición do Xacobeo 2021-2022.
O conselleiro de Cultura Román Rodríguez supervisou hoxe os traballos desta exposición que se inaugura o próximo mércores. Rodríguez asegurou que é unha invitación a reflexionar sobre como será a Galicia do futuro a través de galegos de recoñecido prestixio no mundo da arte, da creatividade, da ciencia e da tecnoloxía.