CRTVG

Buscar

A Cidade da Cultura acolle 8.000 asistentes na Feira de FP Innova

Publicado o 25/04/2018 14:51

Cita coa innovación educativa estes días na Cidade da Cultura, onde se celebra a terceira edición do Congreso FP Innova Galicia.

Precisamente unha das principais novidades desta feira é este robot, chamado Novi, que é o que se encarga de recibir os visitantes. É un dos 47 proxectos de 25 centros educativos galegos que participan dende hoxe ata o venres neste congreso FP Innova Galicia. Por aquí pasarán unhas 8.000 persoas, entre alumnos, profesores e empresas. Estará, por exemplo, persoal do departamento de Tecnoloxía do Cerm e estarán presentes empresas punteiras tanto de Galicia como de fóra. O obxectivo é dar a coñecer as potencialidades da ensinanza da FP a nivel de innovación, de competitividade, de emprego e do seu uso social. Hai tamén unha sección dedicada á exhibición de proxectos e unha zona de talleres para visitantes.

Noticias web

25/04/2018