CRTVG

Buscar

A cidade da Coruña supera as 1.800 infeccións activas por covid-19

Publicado o 23/01/2021 15:09

A Coruña contabiliza 1.817 persoas con infección activa por coronavirus. Son 176 máis ca onte. A incidencia acumulada supera os 700 casos por cada cen mil habitantes. Unha veciña comenta que "isto está aquí e como non nos poñamos serios e firmes e cumpramos as normas isto non remata nunca".

O motor da cidade funciona ao ralentí. As cafeterías e os bares serven unicamente nas terrazas e baixan a reixa ás seis da tarde. Todos, pero especialmente os hostaleiros, saben que axiña chegarán restricións máis duras. "Haberaas e tristemente teremos que acatalas. Teremos que convencernos de que a única maneira de poder con isto é autoconfinándonos e facendo o que nos din".

A palabra autoconfinamento está cada vez máis presente nas conversas. A Coruña é a cidade galega con máis casos activos de covid-19.
 

Noticias web

23/01/2021