A cidade da Coruña rende homenaxe á Virxe do Rosario
Hoxe A Coruña rende homenaxe á súa patroa, a Virxe do Rosario, pero este ano cambiaron as celebracións.
A pandemia obrigou a suspender a procesión que se facía todos os ano dende a igrexa de Santo Domingo. E aínda que non se poden facer celebracións multitudinarias, o que o coronavirus non impediu foi que a praza de María Pita volvera encherse de cor coa tradicional alfombra floral, confeccionada por unha asociación cultural da cidade.
Nesta xornada festiva, a Domus, o Aquarium e a Casa das Ciencias abren as súas portas de balde. Pero este ano, tamén a diferenza dos anteriores, é necesario facer unha reserva previa para poder acceder ao interior dos museos. Trátase dunha medida para controlar a ocupación e garantir así a seguridade. A reserva pode facerse a través de Internet de maneira individual para cada un dos museos.