CRTVG

Buscar

A chuvia torrencial provocou un corremento de terra que sepultou ducias de vivendas no Xapón

Publicado o 07/07/2021 08:30
A chuvia torrencial provocou un corremento de terra que sepultou ducias de vivendas no Xapón

Os equipos de rescate buscan a toda présa uns 30 desaparecidos tras os corrementos de terra que arrasaron ducias de vivendas no suroeste de Xapón. As autoridades informaron da morte de catro persoas, pero transcorridas máis de 72 horas son poucas as posibilidades de atopar xa xente con vida. O corremento de terra produciuse o sábado pasado tras varios días de chuvias torrenciais. A avalancha de lama levou por diante uns 130 edificios.

Noticias web

07/07/2021