A chuvia respecta as procesións da 'Madrugá'
Catro das sete procesións previstas en Sevilla na tarde de onte tiveron que manterse a cuberto para evitar a forte saraibada que caeu na capital andaluza. Pero ás seis irmandades da Madrugá sevillana o tempo xogoulles a favor.
A partir da medianoite empezaron a poñer en marcha o ritual que repiten cada Semana Santa cunha coreografía de alta precisión. A única chuvia que recibiron foi a dos petalos de flores previstos nalgúns puntos do percorrido. Só a Esperanza de Triana, o Gran Poder ou a Macarena, os pasos máis tardíos apuraron un pouco a sua recollida esta mañá para evitar riscos.
No resto de comunidades con tradicion de procesións e tamborradas nocturnas, coma estas do Baixo Aragón, tamén se mantivo o programa pero sen deixar de ollar ao ceo. E o mesmo van ter que facer este Venres Santo porque a previsións son moi semellantes as de onte.