CRTVG

Buscar

A chuvia provoca inundacións e desprendementos en Euskadi

Publicado o 19/05/2019 23:24

 En Euskadi a chuvia caída nas últimas horas está ocasionando problemas.
As fortes precitipacións provocaron inundacións en estradas de Guipuscoa . Houbo tamén importantes desprendementos coma este, no que quedou atrapado un coche da policía local . Os dous axentes que estaban no interior do vehículo tiveron que romper os cristais para sair del. Por sorte están ilesos, ainda que levaron un bo susto.
Situacións semellantes rexistraronse en Irún, Renteira, Lezo e Oiartzun onde o río desbordou. Varias localidades quedaron anegadas e os veciños tiveron que achicar a auga mesmo con caldeiros.
En San Sebastian os bombeiros contabilizaron máis dunha vintena de saídas para atender a distintas incidencias.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/05/2019