CRTVG

Buscar

A chuvia paraliza a colleita da pataca na Limia

Publicado o 17/10/2019 14:30

En plena época de recolección da pataca, esta é a imaxe que ofrecen as leiras na comarca da Limia. A actividade quedou completamente paralizada por mor da chuvia. E o certo é que esa é a situación na que se atopan a día de hoxe a meirande parte dos pataqueiros na Limia. A maquinaria está parada, os almacéns pechados e agardan mirando o ceo a continuación dos traballos de colleita.

Calculan que o domingo caeron na comarca da Limia arredor de 30 litros por metro cadrado e onte pola noiuns 20 litros. Polo de agora, din, esta chuvia non saturou as capas máis profundas da terra, pero, de seguir as precipitacións, as leiras chegarían a anegarse, o que impediría o traballo coa maquinaria pesada para os labores de recolección.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/10/2019