CRTVG

Buscar

A chuvia obriga a facer a procesión na igrexa de San Francisco de Viveiro

Publicado o 19/04/2019 16:09

Malia que o orballo impediu que se puidera celebrar na rúa, a procesión do Santo Encontro de Viveiro volveu ser todo un éxito. Centos de fregueses e de turistas ateigaron a igrexa de San Francisco para presenciar as esceas que representan o camiño de Cristo para ser crucificado e o seu encontro coa Virxe, a Magdalena e a Verónica. A prédica correu a cargo do frade Francisco Onrubia, do mosteiro franciscano de Herbón, na arquidiócese de Santiago. O paso das imaxes polo templo comezou as dez das mañá, como é habitual. As novas tecnoloxías tamén chegaron ás tradicións de Semana Santa e moitos asistentes utilizaron os teléfonos móbiles para levar unha lembranza en forma de video do Santo Encontro. Á saída, os fieis amosábanse moi satisfeitos co desenvolvementodos actos.

A previsión meteorolóxica para esta tarde en Viveiro é de clara mellora polo que se agarda que poidan discorrer polas rúas tanto a tradicional procesión do santo enterro como a extraordinaria da paixón, que se celebra con motivo do 75 aniversario da Confraría do Santísimo Cristo da Piedade. Para media tarde queda a representación do descendemento ou desencravo que terá lugar no atrio da igrexa de Santa María. O mal tempo de comezo da festividade non afectou de xeito negativo e na cidade agárdase a presenza de 40.000 turistas.
 

Noticias web

19/04/2019