CRTVG

Buscar

Día grande do Entroido en Ourense co desfile e cos cigarróns e peliqueiros

Publicado o 12/02/2018 08:56

• Madamas e danzantes percorren as rúas de Salcedo

• No desfile de Verín os protagonistas foron os cigarróns

 

Non hai descanso. E un día máis o entroido volverá marcar a actividade festiva deste luns en Galicia. Esta fin de semana, en moitos  lugares volveron poñer un disfraz, iso si cada traxe ia acorde coa tradición de súa zona.  En Ourense vimos a cigarróns e peliqueiros. Na provincia de Pontevedra a madamas e galáns. E na de Lugo, o protagonismo foi para as madamas e os danzantes. 

É o desfile de entroido de Ourense onde todo o imaxinable é posible... dende subirse a nave de V...
ata cruzarse con Puigdemont. E que mellor que virse ata o entroido de Ourense. Ata os vikingos deciron facer un alto na súa contenda.

Xente especial que fai desta festa algo único.... que se vive con auténtica paixón por toda a provincia. En Cartelle, o personaxe típico do entroido son as bonitas. A súa orixe, din, está na guerra de Filipinas.

Este domingo de entroido visitaron os fegreses a saida de misa. En Verín tamén houbo desfile pero o protagonismo caso recaeu nas dúcias de cigarróns que percorreron as rúas facendo soar as súa chocas. Son o espíritu do entroido neste vórtice do triangulo máximo.

A poucos quilómetros, en Laza. O domingo é día de estrea. Por primeira vez os peliqueiros poden vestir que para eles é moito máis que unha vestimenta.

Chove na praza da picota pero nada pode frear un dos entroidos máis auténticos de cantos se conservan. Aquí din que para se peliqueiro hai que nacer. Resoan as chocas á saida da misa. É o latexo dunha tradición gardada con solemnidade por aqueles que nacen peliqueiros.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2018